Atende ben a este vídeo; na primeira parte (ata o minuto 3:12) aprenderás que son os números decimais e como se representan.
Os números decimais son os números que teñen unha parte que é inferior a unidade; é dicir, unha parte que é máis pequena que 1.
A parte decimal dun número escríbese despois dunha coma. Se temos un número decimal, escribimos a parte enteira a esquerda da coma e a parte decimal a dereita.
Para ubicar un número decimal nunha recta numérica, a parte decimal estaría entre dous números enteiros. Se vemos a imaxe, o número 4,2 estaría ubicado entre os enteiros 4 e 5. Velaquí un cadro para que entendas como se escriben e len:
Realiza as seguintes actividades para practicar:
Nas seguites webs terás que realizar cada unha das actividades e xogos:
Para profundizar no tema e ampliar coñecementos podes visitar a seguinte web:
Lembra que se tés dúbidas podes preguntar ao profe ou a algún compañeiro ou compañeira. Tamén podes deixar un comentario ao final desta entrada!










1 comentarios:
Click here for comentariosmoitas gracias polos exercicios Manu, me veñen de moita falta para o examen do Mércores, poderias támen poñer un apartado de a media?
Mostrar EmoticonosAgochar Emoticonos